A USC, á cabeza da excelencia académica universitaria galega
30 dos 68 premios fin de carreira que a Xunta de Galicia entregou este venres aos estudantes con mellor expediente que remataron a carreira no SUG en 2017 pertencen á Universidade de Santiago. No acto de recoñecemento participou o reitor compostelán, Antonio López, que aproveitou para felicitar en persoa á trintena de titulados e tituladas da USC.
Da USC recolleron o premio Adrián Vázquez, de Administración e Dirección de Empresas; Daniel Regueiro, de Ciencia Política e da Administración; Pedro Blanco, de Comunicación Audiovisual; Noelia Vila, de Enxeñaría Civil; Eloy Pérez, de Enxeñaría Informática; Leticia Vázquez, de Enxeñaría Quimíca; Iria Varela Rey, de Farmacia; Alipio Santiago, de Filosofía; David Peinador, de Física; Abel Lorenzo, de Historia; María Dolores Fontán, de Historia da Arte; Antía Tacón, de Lingua e Literatura Españolas; Alba María Rodríguez, de Lingua e Literatura Españolas; Jesús Somoza, de Mestre en Educación Primaria; Ana María Rubinos, de Odontoloxía; Vanesa Mesías, de Pedagoxía; Carolina Sanmartino, de Psicoloxía; Alicia Riobóo, de Química; María Laura Copa, de Relacións Laborais e Recursos Humanos; Beatriz Gómez, de Lingua e Literatura Inglesas; Elena Veiga, de Lingua e Literatura Modernas; Erika Diz, de Matemáticas; Lucía Rodríguez, Rocío Mato e Carmen Antía Rodríguez, de Medicina; Lorena Sanín e Elisa I. Iglesias, Mestre de Educación Infantil; María Catuxa Criado, de Veterinaria; Alejandro Otero, de Xeografía e Ordenación do Territorio, e Borja Melchor, de Xornalismo.