A USC e la Caixa renovarán o acordo para o patrocinio das carpetas-axenda entregadas ao alumnado matriculado este curso
O reitor Juan Casares e o delegado territorial de la Caixa en Galicia, Marc Arthur Benhamou, asinarán este mércores 23 a renovación do acordo de colaboración que a institución educativa e a entidade de aforro manteñen para o desenvolvemento de actividades conxuntas. A sinatura celebrarase a partir das 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Concretamente a renovación afecta ao financiamento das carpetas-axenda que a USC entregou este curso aos alumnos durante o proceso de matrícula.