Ir o contido principal

A USC e Caixanova asinarán un convenio para a realización da mostra didáctica 'Dos ábacos aos computadores'

A exposición mostra a evolución experimentada polos sistemas de cálculo das culturas antigas ata a aparición da informática

O reitor da USC, Senén Barro, e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinarán este venres 21 un convenio de colaboración para a realización da exposición ‘Dos ábacos aos computadores’. A sinatura do acordo celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome ás 10:30 horas.
‘Dos ábacos aos computadores’ é unha mostra de carácter didáctico que pretende aproximar ao visitante ao proceso evolutivo que abrangue dende os sistemas de cálculo das culturas orientais, grecorromanas e islámicas ao progreso no cálculo matemático na Idade Moderna co deseño das primeiras máquinas e as figuras de Pascal, Babbage, Hollerith ou Torres Quevedo ata a aparición no século XX da informática.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2007.