Ir o contido principal

A USC e a Cámara de Comercio de Santiago asinan un convenio de colaboración

O reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, asinarán este venres, 6 de maio, un convenio de colaboración. O acto será ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O obxecto do acordo é establecer un marco de actuación para a colaboración conxunta en actividades culturais, científicas, pedagóxicas e de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2011.