Ir o contido principal

A USC celebra este mércores en Lugo o acto académico da festividade de San Tomé

Luis Gago, que tomará posesión como decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, pronunciará a lección maxistral

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá este mércores, día 28, o acto académico de celebración da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, que se desenvolverá a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, en presenza de distintas autoridades locais e provinciais lucenses.
O profesor Luis Gago, que tomará posesión do cargo de decano do centro no transcurso do acto, ofrecerá a lección maxistral ‘Economía do coñecemento, xestión do coñecemento’.
A celebración da festividade, que contará con varias intervencións a cargo do coro universitario, remata co discurso que pronunciará o reitor compostelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.01.2009.