A USC celebra cunha mostra en Lugo o Día Internacional do Patrimonio Cultural

O pasado ano, a UNESCO proclamou o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), xuntando así unha nova data á do 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio. A USC súmase a esta celebración albergando na Biblioteca Intercentros a exposición 'O patrimonio vivo', organizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica 'Ponte... nas ondas' e coa que colaboran o Concello de Lugo e a propia USC.
A mostra, que xa estivo no Colexio de Fonseca do campus de Santiago no ano 2024, inaugurouse este xoves nun acto que presidiu o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga. Pode visitarse ata o 2 de novembro de 2025, en horario de 9.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 19.30 horas, os sábados e domingos, e tamén está aberta a visitas escolares.
'O patrimonio vivo' reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España, entre os que se encontra o 'modelo PNO!' inscrito no Rexistro das boas prácticas co PCI.
