Ir o contido principal

USC, CIEMAT e Xunta de Galicia asinan un convenio para crear un centro mixto de investigación a partir do Instituto Galego de Altas Enerxías

A USC, o Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas (CIEMAT) e a Xunta de Galicia comezarán cos trámites previos á creación dun centro mixto de investigación, con titularidade compartida, mediante a transformación do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE).
O convenio que regula esta colaboración asinarano este venres, día 12, ás 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; o presidente do CIEMAT, como Secretario de Estado de Investigación, Carlos Martínez Alonso; e o reitor compostelán, Senén Barro.
As partes asinantes pretenden impulsar a investigación de excelencia no campo da Física de Altas Enerxías, en particular en Física Médica e especialmente no desenvolvemento de instrumentación e técnicas de utilidade clínica, tanto de diagnóstico como terapéuticas, así como na súa aplicación ás tecnoloxías de comunicación GRID.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2008.