Ir o contido principal

A USC clasifícase na sexta posición no Campionato de España Universitario de xadrez

Un momento do campionato de xadrez
Un momento do campionato de xadrez
O equipo de baloncesto participou na primeira rolda da fase de grupos da competición que tivo lugar en Zaragoza

O conxunto de xadrez da USC clasificouse na sexta posición do Campionato de España Universitario por equipos que se desenvolveu en Zaragoza. Na modalidade individual os mellores postos para os integrantes do equipo da USC foron para o estudante Rubén Fernández López na competición lóstrego, na que obtivo un décimo posto, e na competición rápida, na que obtivo un posto 18. Os outros tres integrantes do conxunto foron Artai Bringas Gómez, e Marcos e Miguel Reza Salgado.

No Campionato de España Universitario de Baloncesto o conxunto que representou a USC participou na primeira rolda da fase de grupos da competición que tivo lugar en Zaragoza, obtendo o terceiro posto no seu grupo, no que se clasificaron para a seguinte rolda os dous primeiros equipos.

Equipo da USC participante no Campionato de España Universitario de Baloncesto
Equipo da USC participante no Campionato de España Universitario de Baloncesto
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2024.