Ir o contido principal

A USC clasificouse no segundo posto da primeira fase do Campionato de España universitario de voleibol masculino

Os xogadores da USC clasificáronse no segundo posto da primeira fase do Campionato de España universitario de voleibol masculino, por detrás do equipo da Universidade Carlos III de Madrid. Na competición, celebrada a pasada fin de semana en Madrid, tamén participaron as universidades de Murcia, Vigo, Estremadura e a Politécnica de Cataluña.
Para disputar esta fase de clasificación estatal, o equipo da USC tivo que gañar con anterioridade aos representantes das universidade de Vigo e A Coruña no Campionato de Galicia universitario de voleibol masculino celebrado o pasado día 7 deste mes nas instalacións situadas no Campus Sur do centro docente compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2007.