Ir o contido principal

A USC colabora na V Carreira Pedestre Popular Solidaria que se desenvolve este sábado no Campus Vida

Os donativos destinaranse á Cociña Económica de Santiago

A USC organiza, xunto coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e a Fundación Compostela Deporte, a V edición da Carreira Pedestre Popular Solidaria, que terá lugar o sábado 28 de maio no Campus Vida da USC. Todos os donativos van destinados a Cociña Económica de Santiago. Os alumnos da Catedra Bancaja Mocidade Emprendedora están a colaborar activamente na difusión da carreira e no fomento da participación a través de diversas iniciativas como a instalación dun stand nos alrededores da biblioteca Concepción Arenal no que tratan de fomentar a participación entre o estudantado universitario. Na proba, que terá lugar a partir das 17 horas, poderán participar tanto atletas federados como non federados, facéndose unha clasificación conxunta. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a inscricionsFGAsantiago [at] gmail.com (mailto:inscricionsFGAsantiago[at]gmail[dot]com), sendo a data limite para facelo o venres 27 de maio ás 14 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2011.