A USC colabora nun curso sobre psicanálise aplicada que comeza en outubro
O vindeiro 10 de outubro comezará a desenvolverse de maneira telemática un curso sobre psicanálise aplicada en virtude dun convenio entre a USC, a Asociación de Psicanálise Aplicada GRADIVA de Santiago de Compostela e o Instituto Universitario de Saúde Mental (IUSAM) de Bos Aires. No curso, dunha duración de dous anos, abordaranse aspectos técnicos e teóricos da psicanálise e as súas aplicacións interdisciplinarias a áreas como a educación, o dereito, a filosofía ou a medicina. En concreto, adquiriranse amplos coñecementos sobre o funcionamento psíquico do ser humano que permita integrar o diagnóstico clínico e psicodinámico, as técnicas de entrevistas e as distintas abordaxes psicoterapéuticas. Os responsables do curso -que consta dunha parte xeral e doutra específica a escoller entre as áreas de ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades- advirten que este non forma psicanalistas nin habilita para a práctica da psicanálise, que require doutros requisitos, senón que permite obter coñecementos para permitir a súa aplicación ás áreas propostas