A USC colaborará coa Confederación Interamericana de Educación Católica nun programa de formación de formadores

O reitor Juan Casares asinou este xoves 23 co secretario xeral da Confederación Interamericana de Educación Católica (CIEC), José Leonardo Rincón Contreras, un convenio de colaboración para a realización dun programa de formación de formadores. Os destinatarios do programa programa serán os integrantes da CIEC e das organizacións nacionais de pais de familia e de alumnos dos países nos que está presente esta organización. No encontro celebrado na Reitoría compostelá tamén estivo presente o profesor Agustín Dosil. O programa de formación a desenvolver contempla a realización do máster en Ciencias da Familia (edición internacional) e cursos de especialista en ‘ Ciencias da Familia’, ‘Orientación e Mediación Familiar’, ‘Terapia Familiar’ e experto en Ciencias da Familia. Todos eles desenvolveranse en Santiago e nos países de procedencia do alumnado.