Ir o contido principal

A USC e o Colexio de Avogados de Lugo asinan un acordo de colaboración para promover a investigación, a formación e as prácticas académicas de estudantes e profesionais

A Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Provincial de Avogados de Lugo firmaron un acordo marco de colaboración entre as dúas institucións coa finalidade de artellar un método de traballo na procura da promoción, cooperación e colaboración no desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico da provincia.
O obxectivo principal deste convenio xeral consiste en regular a colaboración entre os dous para fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia e a investigación nas áreas nas que as dúas institucións teñan interese.
Entre as liñas de traballo conxunto deste acordo destacan o feito de favorecer a participación en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento bilaterais ou multilaterais, cooperar en programas de formación, asesoramento mutuo, organización de seminarios, cursos, simposios ou clases, apoio a investigadores e estudantes, colaboración nas prácticas de alumnos.
Todas estas áreas de traballo detallaranse en posteriores convenios particulares redactados por unha comisión de seguemento, que será paritaria e que establecerá os detalles de organización en cada caso concreto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2007.