Ir o contido principal

A USC comezou a instrución dun expediente para esixir as responsabilidades administrativas e académicas que correspondan, en relación aos actos violentos de Económicas

O reitor da USC, Senén Barro, recabada información de diversas fontes, vén de nomear ao responsable da instrución dun expediente para esixir, conforme á normativa universitaria, as responsabilidades administrativas e académicas que correspondan en relación cos actos violentos, do pasado 12 de febreiro, no transcurso dunha conferencia de María San Gil.
Asemade, a USC continuará cos trámites para, por unha parte, facilitar toda a documentación necesaria á Fiscalía e ás autoridades xudiciais e, por outra, de ser o caso, persoarse no procedemento xudicial correspondente.
O reitor da USC condena “sen paliativos” as accións violentas dese grupo de mozos e mozas, como xa fixera o mesmo día no que ademais iniciara as medidas e accións necesarias para recabar toda a información que posibilite dar unha resposta adecuada ao grave incidente producido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2008.