Ir o contido principal

A USC, comprometida coa eliminación da violencia contra as mulleres

A USC, comprometida coa eliminación da violencia contra as mulleres
A USC, comprometida coa eliminación da violencia contra as mulleres

Consciente de que a violencia contra as mulleres é un problema de toda a sociedade, a Universidade de Santiago ten previsto para estes días un programa de actos e accións de sensibilización, enmarcados na conmemoración do Día Internacional que se celebra o 25 de novembro.

O acto oficial da USC terá lugar o 27 de novembro en San Xerome, no que ademais de entregarse os premios dos certames de fotografía Ruth Matilda Anderson , á Introdución da Perspectiva de Xénero e de Lemas contra a Violencia de Xénero , terá lugar a lectura dunha declaración institucional de rexeitamento á violencia de xénero.

A maiores, a biblioteca da Facultade de ciencias da Comunicación súmase a esta conmemoración cunha mostra dos seus fondos para toda a comunidade universitaria a fin de salientar a importancia da imaxe en relación a violencia de xénero.

Tamén como protesta contra esta lacra que afecta a toda a sociedade o alumnado de Socioloxía da Educación ten prevista para o 1 de decembro a Iniciativa 100MP=10Px10M (100 Minutos para Pensar= 10 Performances /10 minutos). Con ela, as futuras mestras e mestres pretenden lanzar un manifesto de 100 minutos en distintas prazas e rúas de Compostela.

Paralelamente a todas as actividades, a Universidade de Santiago colabora coa campaña de sensibilización ‘Compostela, en Negro que puxo en marcha en 2015 o Concello de Santiago e que hoxe chega a dezaseis concellos más, entre eles o de Lugo. Así, distribuíuse diverso material gráfico que ao longo destes días tinguirá de negro a USC en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista.

A Casa da Balconada, de loito coa campaña Compostela en negro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2017.