A USC, o concello de Cospeito e a Asociación de empresarios, gandeiros e autónomos de Muimenta asinan un convenio para a promoción do sector agrogandeiro
A USC, o Concello de Cospeito e a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, asinarán este venres 23 ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo un acordo para traballar conxuntamente en proxectos de promoción e desenvolvemento do sector agrogandeiro.
Na sinatura deste acordo estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño; e a presidenta da Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais, gandeiros e autónomos de Muimenta, María José Neira Maseda.