Ir o contido principal

A USC e o Concello de Lugo asinan un convenio para a cesión dunha finca destinada a prácticas e investigación

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, e a alcaldesa en funcións do Concello de Lugo, Concepción Burgo, asinarán este mércores, día 28 de xaneiro, un convenio de colaboración entre as dúas entidades para a cesión gratuíta dunha finca destinada a prácticas e investigación. A sinatura terá lugar ás 11:15 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.
Este convenio servirá para a realización de prácticas do alumnado que curse estudos vinculados ás ciencias agrarias e ao desenvolvemento da actividade investigadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.01.2009.