A USC, na Conferencia Internacional sobre Economía Azul
O Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da USC formou parte do comité científico e organizador da Conferencia Internacional sobre Economía Azul que tivo lugar estes días en Zadar (Croacia) e na que se reflexionou sobre cuestións relacionadas cos aspectos sociais, ambientais e económicos.
Na conferencia internacional RethinkBlue, organizada pola Acción COST da UE Repensar a economía azul: Impactos socioecolóxicos e oportunidades, participou un equipo liderado polo profesor da USC Sebastián Villasante, co coordinador do WP2 ‘Food security & sustainable blue consumption’.
Entre as cuestións concretas, na conferencia tratáronse as ocupacións marítimas; a seguridade alimentaria, o consumo azul sostible, as cidades portuarias, as comunidades costeiras, a gobernanza da pesca, o turismo mariño, as actividades emerxentes, o cambio climático e os riscos naturais.