Ir o contido principal

A USC conmemora o Ano Internacional dos Solos e o Día da Terra na Escola Politécnica Superior

García-Rodeja, Sánchez, Silva, Cuesta e Díaz, na EPS
García-Rodeja, Sánchez, Silva, Cuesta e Díaz, na EPS
Un relatorio de Tarsy Carballas abriu unha xornada na que se reivindicou a importancia da Edafoloxía e a necesidade de colaboración institucional para a conservación do solo

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC conmemora a celebración do Ano Internacional dos Departamento de Edafoloxía e o Día da Terra coa celebración de diversos actos divulgativos e institucionais que serviron para reivindicar a importancia da Edafoloxía e a introdución do seu estudo nos programas educativos preuniversitarios, ao tempo que puxeron de manifesto a necesidade da cooperación entre empresas e administracións para avanzar na conservación e protección dos solos.

A xornada conmemorativa desta dobre efeméride desenvolveuse no salón de actos da EPS e comezou cun relatorio da científica taboadesa do Centro Superior de Investigacións Científicas de Santiago, Tarsy Carballas, quen abordou na súa intervención a traxectoria experimentada pola Escola de Edafoloxía de Galicia. A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, guiou no mesmo escenario, ao remate da intervención de Tarsy Carballas, un acto académico no que tamén participaron o director da EPS, Tomás Cuesta; o director do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, Eduardo García-Rodeja; o subidirector xeral de Recursos Forestais da Xunta de Galicia, Federico Sánchez Rodríguez, e a presidenta da delegación territorial de Galicia da Sociedade Española de la Ciencia del Suelo (SECS), Montserrat Díaz Daviña. Unha vez rematada a sesión, procedeuse á inauguración da exposición itinerante ‘Os solos e a biodiversidade forestal’, unha mostra cedida pola SECS e que permanecerá aberta ao público na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. Unidade de Xestión Forestal Sostible O grupo de investigación da USC Unidade de Xestión Forestal Sostible súmase este xoves 23 de abril aos actos organizados na EPS co gallo do Día da Terra e do Ano Internacional dos Solos coa celebración dun relatorio sobre as novas habilidades requeridas aos xestores de capital natural. O enxeñeiro de montes e vogal avaliador da da Fundación Common Land, José María Rábade, abordará esta temática no marco dunha sesión aberta ao público que se desenvolverá a partir das 10.30 horas, na sala de xuntas da EPS. Asisentes ao acto conmemorativo do Día da Terra e do Ano Internacional dos Solos na EPS

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2015.