Ir o contido principal

A USC conmemora este mércores o Día Interrnacional das Mulleres

A USC conmemora este mércores o Día Interrnacional das Mulleres
A USC conmemora este mércores o Día Interrnacional das Mulleres

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará este mércores 7 o acto institucional de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que presidirá o reitor Juan Viaño.

Na cerimonia, ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, farase un especial recoñecemento ao Instituto de Ciencias da Educación da USC pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero. A súa directora, Ana María Porto castro, será a encargada de recoller a Mención Honorífica.

Ademais do reitor, no acto intervirán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e a Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois González.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2018.