A USC convida a comunidade universitaria a participar no proxecto RETORNA coa devolución de envases plásticos e latas

A Universidade de Santiago, a través da súa Oficina de Desenvolvemento Sostible, colabora esta semana co Concello compostelán no proxecto RETORNA polo que se pagarán 5 céntimos por cada lata ou botella de plástico (nunca maior de 2 litros) que se entregue no punto de devolución que ata o 16 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, estará emprazado diante da Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida). Esta iniciativa, que conta coa colaboración dos bolseiros e bolseiras da Oficina de Desenvolvemento Sostible, busca reducir ao máximo na cidade a xeración de residuos e implantar un sistema de depósito, devolución e retorno de envases.