Ir o contido principal

A USC crea o Club de Estudantes Emprendedores

A Cátedra Bancaja de Novos Emprendedores da USC busca socios para crear o Club de Estudantes Emprendedores, una iniciativa que pretende ser un vehículo de atracción dos alumnos da institución docente compostelá cara á cultura do emprendemento dende o primeiro instante en que comezan os seus estudos.
Os estudantes da USC que formen parte do club obterán un carné acreditativo que lles outorga preferencia de inscrición, e gratuidade en moitos dos casos, nas actividades que organice a Cátedra. Ademais, entrarán na Bolsa de Traballo Emprendedores USC, que estará a disposición das empresas que o demanden para procesos de selección de persoal contratado ou en prácticas.
Os socios poderán tamén optar ao Premio ao Mellor CV Emprendedor que convocará a Cátedra da USC a finais de curso.
Os interesados deberán cubrir un formulario de rexistro que atoparán no web da Cátedra, co único requisito de estar matriculado oficialmente na USC no curso académico 2009-10.
Presentación oficialO Club de Estudantes Emprendedores da USC presentarase oficialmente o 1 de decembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nun acto que contará con representantes da USC, da Cátedra e da Fundación Bancaja, da Asociación de Novos Empresarios da Coruña, ademais do presidente de Blusens, José Ramón García, que aceptou ser o padriño do Club.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2009.