Ir o contido principal

A USC debate sobre conciencia e dereito nunhas xornadas que pecharán Joan Antoni Melé e Ignacio Ramonet

Persoal experto de notoriedade estatal e internacional reunirase en outubro e novembro na Facultade de Dereito para tentar achegar unha visión construtiva e complementaria do contexto actual do dereito así como do papel que lle corresponde a xuristas e avogados. Cun crédito de libre elección e a inscrición aínda aberta, as xornadas ‘Conciencia e Dereito’ pecharanse coa participación, o 29 de novembro, do subdirector xeral da banca ética Triodos Bank, Joan Antoni Melé, e do director de Le Mond Diplomatique, Ignacio Ramonet. O encontro comezará o 25 de outubro coa intervención da profesora de Dereito Administrativo da USC Teresa Carballeira, quen dará paso ao activista e profesor da Universidade venezolana dos Andes, Elías Capriles Arias, para falar sobre a crise ecolóxica. O profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Murcia Fernando Jiménez Sánchez será quen interveña o 9 de novembro cunha charla sobre xestión política e corrupción, a quen lle seguirán o día 16 o catedrático da UNED Jesús Prieto de Pedro e o profesor da USC Quintín Álvarez Núñez que disertarán sobre diversidade cultural e visión sistémica, respectivamente. Para mais información: jcd.usc [at] gmail.com (jcd[dot]usc[at]gmail[dot]com)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2011.