Ir o contido principal

A USC edita nunha edición facsimilar o diario da escritora Edith Wharton na súa primeira peregrinación a Santiago

A USC edita nunha edición facsimilar o diario da escritora Edith Wharton na súa primeira peregrinación a Santiago
A USC edita nunha edición facsimilar o diario da escritora Edith Wharton na súa primeira peregrinación a Santiago
A autora de A idade da inocencia realizou o Camiño a Santiago en dúas ocasións, en 1925 e 1928, recollendo a experiencia nun diario que agora edita a USC coa colaboración da Secretaría Xeral de...

Santiago. Aleluia! Xubileo! Lhassa! A outra noite vin a eternidade rezaban os apuntamentos da escritora norteamericana Edith Wharton cando alcanzou o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago na súa primeira peregrinación a Compostela no ano 1925. Preto de 90 anos despois, a USC en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade volve recuperar a voz da autora do libro A idade na inocencia, popularizado posteriormente pola película homónima de Martin Scorsese. A través do seu Servizo de Publicacións, a USC presentou unha edición facsimilar do diario que relata a primeira peregrinación da escritora, ao que se engaden as notas redactadas a raíz da segunda con destino a un ensaio que chegou a escribir. O reitor Juan Casares xunto coa secretaria xeral de Igualdade, Marta González, presentaron a obra este luns 3 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Xunto a eles, tamén interviñeron a profesora Patricia Fra, encargada da edición literaria e a tradución, e o director do Servizo de Publicacións, da USC, Juan Blanco. Co título Edith Wharton (1862-1937): Back to Compostela/Regreso a Compostela preséntase un facsímil transliterado ao inglés e traducido a galego e castelán que asenta o seu corpo narrativo sobre dous textos de Wharton que ata o momento non tiñan chamado a atención nin de biógrafos nin de críticos. Son, non obstante e tal e como sinala a responsable da edicición, “esenciais para entender a relación da escritora con España”. Por orde cronólóxica, o primeiro texto é un diario de viaxe titulado Last spanish journey with W. Spain, 1925, tamén denominado Diario de España que escribiu en 1925 durante a súa viaxe con Walter Berry. O segundo ensaio inacabado e sen datar, baixo o título Back to Compostela, teríao comezado a escritora cinco anos máis tarde, en 1930. Segundo a profesora Patricia Fra, ía incluír información tanto do diario de 1925 como da súa segunda peregrinación a Santiago, en 1928.

Como se apunta na introdución do volume, tanto a primeira edición de Diario de España como a do ensaio Regreso a Compostela ofrécese en tres idiomas (inglés, castelán e galego) para facilitar a súa consulta e lectura, “xa que a escritura de Wharton é difícil de desentrañar”, aclara Patricia Fra. Os responsables da edición apostaron por unha edición anotada ao entender que se trata “dunha fonte novidosa para o coñecemento do Camiño de Santiago nos anos vinte e que debe ser incorporada ao corpus escrito sobre a peregrinación ata o Finis Terrae’, sinala a tradutora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2011.