Ir o contido principal

A USC e a empresa Biomet 3i Dental Iberica asinarán un acordo marco para o desenvolvemento conxunto de actividades de I+D

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o director xeral da empresa Biomet 3i Dental Iberica, Jordi Carmona Vargas, asinarán este martes, día 18, un acordo marco de colaboración para o desenvolvemento de actividades conxuntas de investigación científica e desenvolvemento. A sinatura do convenio desenvolverase a partir das 17:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A USC e Biomet colaborarán na execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, asesoramento en cuestións de interese mutuo, organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e na formación de persoal investigador e realizaciónde prácticas formativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2007.