Ir o contido principal

A USC e a empresa Tecnocom asinan un acordo marco de colaboración

No mesmo acto, o vindeiro luns, asinarase o primeiro protocolo específico para o desenvolvemento dun premio fin de carreira e dunha serie de bolsas de formación profesional

O reitor da USC, Senén Barro, e o director rexional para a zona noroeste da empresa Tecnocom, Telecomunicacións e Enerxía, Santiago Cárdenas Botas, asinarán o vindeiro luns, día 8, un convenio marco que rexerá as futuras colaboracións que a universidade compostelá e a empresa decidan emprender. A sinatura celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas.
No mesmo acto, ambas partes asinarán o primeiro convenio específico para o desenvolvemento dunha serie de iniciativas conxuntas como son o Premio ao mellor proxecto fin de carreira de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas ou unha serie de bolsas de formación profesional para recén titulados da USC.
Con esta iniciativa, tanto a USC como Tecnocom pretenden colaborar na promoción do desenvolvemento da sociedade do coñecemento a través dunha formación especializada nas Tecnoloxías da Información (TIN), estimulando ademais o avance da formación universitaria mediante a adopción das últimas innovacións neste sector, ao tempo que tentarán achegar a formación dos futuros profesionais universitarios ás necesidades do mercado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2008.