Ir o contido principal

A USC encherá de tangos e milongas o compostelán Xardín das Pedras

MilongUSC
MilongUSC
A II MilongUSC será o 8 maio ás 20:00 h con entrada libre

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.

A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile.

O obxectivo do segundo MilongUSC é dar a coñecer o tango e as milongas como ferramenta para conectarse e coñecerse máis e mellor.

A compañía de Danza da USC, na MITEU
Ademais, este venres 4 ás 20:00 h no Teatro Principal de Ourense a Compañía de Danza da USC, coa dirección artística de Juan Carlos Zahera, actuará na MITEU (Mostra Internacional de Teatro e Danza Universitario) coa súa última produción coreográfica MIGRACIóNS, coreografiada por Rosa Acuña.

Nesta ocasión, a compañía irá coa súa versión curta de 15 minutos e nela intervirán Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva e Sonia L. Pumarega, coa voz en directo de Iria Estevez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2024.