A USC entrega este venres as Insignias Fonseca
A Universidade de Santiago de Compostela entrega cada ano as Insignias Fonseca ás traballadoras e traballadores que leven prestados servizos á institución durante máis de 30 anos.
Nesta ocasión son máis de cincocentas as persoas que merecen esta distinción universitaria, que se entregará nun acto protocolario este venres 21 ás 16.30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia baixo a presidencia do reitor, Antonio López.
Na cerimonia, á que asistirá todo o equipo reitoral, intervirán ademais Olga Fontán Maquieira en nome do Persoal de Administración e Servizos e Juan Ignacio Ramos Martínez en representación do profesorado.