A USC estrea a súa Medalla de Mecenas coa Fundación Barrié de la Maza
A Universidade de Santiago entregará este mércores 16 a súa primeira Medalla de Mecenas á Fundación Barrié de la Maza, iniciando deste xeito unha serie de distincións ás persoas física ou xurídicas que de forma desinteresada teñan feito doazóns ou achegas de bens de excepcional interese científico, cultural, patrimonial ou económico á Universidade de Santiago.
A imposición desta Medalla celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 12:00 horas coa intervención do reitor Senén Barro e do presidente da Fundación Barrié de la Maza, José Mª Arias Mosquera.
Con este recoñecemento á figura dos mecenas, a USC quere brindar un recoñecemento público a aquelas persoas físicas e xurídicas que de forma desinteresada colaboran coa universidade compostelá.