A USC expón nunha mostra os seus fondos documentais, iconográficos e bibliográficos sobre Valle Inclán
Ata o 24 de maio no Colexio de Fonseca a USC mostrará parte dos seus fondos documentais, iconográficos e bibliográficos sobre o escritor Valle-Inclán. A exposición ‘Valle-Inclán Debuxado/Obra Ilustrada (Fondos da USC)’ inaugurarase o mércores, 22 de abril, ás 19.30 horas.
A mostra estrutúrase nun dobre percorrido que abrangue tanto a figura como a obra do escritor galego de xeito que consta de dúas seccións, unha primeira iconográfica que reúne máis de 200 caricaturas e retratos de Valle, publicados maioritariamente na prensa e asinados polos mellores debuxantes e pintores da época; e unha segunda bibliográfica, cuxa novidade estriba en destacar o exquisito e orixinal labor de deseño e ilustración da obra valleinclaniana.
Comisarían a primeira parte da exposición Javier Serrano Alonso e Amparo de Juan Bolufer, da súa primeira parte e Margarita Santos Zas e Francisca Martínez da segunda.