Ir o contido principal

A USC e a Fundación Barrié poñen en marcha o estudo de mellora de formación do profesorado galego na educación de alumnado con altas capacidades

David Gómez López, do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago inicia o traballo de campo en catro universidades norteamericanas

A USC e a Fundación Barrié están desenvolvemento un estudo sobre as catro prácticas de referencia a nivel mundial en formación do profesorado para as altas capacidades, todas elas en EEUU, más concretamente nas universidades de Virxinia, Connecticut, Johns Hopkins e na de Harvard. O equipo de investigación encargado é o dirixido pola profesora de Psicoloxía Evolutiva e da Educación Carmen Pomar, experta na formación en altas capacidades. David Gómez López é o investigador e docente deste departamento que desenvolverá ata o vindeiro mes de agosto o traballo de campo cunha estadía nas catro universidades norteamericanas. Para o desenvolvemento deste traballo o presidente da Fundación, José María Arias Mosquera, e o reitor Juan Casares Long asinaron un convenio a finais de abril. A Fundación financiará a estancia de investigación en EEUU, cunha axenda de visitas e seminarios nas catro universidades americanas, entre xuño e agosto deste ano. Os resultados do estudo permitirán avaliar futuras iniciativas de formación do profesorado galego en altas capacidades, e referencialas coas prácticas más exitosas. O obxectivo deste proxecto común da USC e a Fundación Barrié é deseñar un modelo de intervención propio para Galicia que mellore as habilidades do profesorado de primaria e secundaria na detección, comprensión e intervención no ámbito de altas capacidades en aras de cubrir unha serie de necesidades específicas que, segundo os especialistas, non están sendo cubertas na actualidade. A investigación estará finalizada a comezos de novembro y levarao a cabo a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Facultade de Psicoloxía da USC que leva traballando case dúas décadas no ámbito das altas capacidades e o talento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2013.