Ir o contido principal

A USC e a Fundación BBVA presentan tres novos volumes

A Colección Clásicos do Pensamento Universal, que edita a USC e a Fundación BBVA, alcanza os seus primeiros dez anos de vida coa presentación de tres novos volumes, Utopia de Tomás Moro; O home unidimensional de Herbert Marcuse; e A lóxica da descuberta científica de Karl Popper. Esta é unha iniciativa editorial que traduce ao galego obras fundamentais do pensamento universal. O reitor Juan Casares presidirá o luns 17 a presentación pública dos tres volumes nun acto ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome no que intervirán ademais a directora de Comunicación da Fundación BBVA, Silvia Churruca; o director da colección, o catedrático Darío Villanueva; e os prologuistas e tradutores dos volumes: Andrés Torres Queiruga e Helena de Carlos (Utopía), Jorge Álvarez Yágüez e Xesús Saavedra Carballido (O home unidimensional) e Juan Vázquez Sánchez e Manuel Puga Moruxa (A lóxica da descuberta científica). Tamén asistirá o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan Blanco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2012.