Ir o contido principal

A USC e a Fundación CEL asinan un convenio de colaboración para a promoción do emprendemento

O reitor da USC ratificará o compromiso de traballo conxunto entre a institución académica e os empresarios lucenses, que xa se vén producindo desde o ano 2005

A USC e a Fundación CEL – Iniciativas por Lugo asinan este venres, día 13, ás 12.00 horas, un convenio de colaboración para promover a posta en marcha de iniciativas emprendedoras desde a universidade. Ratifícase así o compromiso de traballo conxunto entre as dúas institucións, que se mantén desde o ano 2005. Os encargados de certificar o convenio son o reitor da USC, Juan Casares, e Luís García Santalla, presidente executivo da Fundación CEL, en cuxa sede se levará a cabo o acto de sinatura. Por parte da USC, ademais do reitor asistirán ao acto o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil; e o técnico da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC en Lugo, Pablo Fontela, quen será tamén o responsable do desenvolvemento do convenio na parte correspondente á institución educativa. Tras a sinatura do convenio realizarase unha visita ás instalacións do viveiro de empresas da Fundación CEL, situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2012.