A USC e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia asinarán un convenio marco de colaboración
O reitor da USC, Juan Casares, e conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, asinarán este martes 20 un convenio marco de colaboración entre a institución académica e a Fundación que representan. A sinatura protocolaria celebrarase a partir das 11:00 horas na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. O documento a asinar establecerá un marco de actuación para a colaboración entre a USC e a Fundación Cidade da Cultura en actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación, entre outras. Neste senso, un dos primeiros acordos dentro deste contexto propiciará a presenza do nome e anagrama da Fundación nas carpetas-axenda que a USC entrega aos seus alumnos coa matrícula