A USC e a Fundación Proxecto Home asinarán un convenio marco de colaboración
O reitor Senén Barro e o director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, asinarán un convenio marco para a realización de accións de interese mutuo entre a USC e a Fundación Proxecto Home. O acto protocolario de sinatura celebrarase este martes 12 ás 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Con esta colaboración, preténdese achegar ao persoal e estudantes da USC un mellor coñecemento de Proxecto Home, ofrecendo asesoramento científico- técnico e colaboración no desenvolvemento de plans de actuación, ao tempo que fomentar o compromiso da comunidade universitaria en proxectos solidarios e de voluntariado, entre outros asuntos.