Ir o contido principal

A USC e a Fundación Sotavento promoven unha condución máis eficiente en Lugo

Sesenta membros da comunidade universitaria de Lugo aprenderán a usar de xeito máis eficiente e racional o automóbil nos cursos que a vindeira semana se impartirán no campus, grazas ao convenio asinado entre a USC e a Fundación Sotavento.
As clases comezan o luns 18 e terán lugar ata o venres 22, en quendas que se desenvolverán ás 10:00 e ás 12:00 horas polas mañás e ás 16:00 e 18:00 horas polas tardes. As sesións son totalmente gratuítas e constan dunha parte teórica que se impartirá na sala de profesorado da Escola Politécnica Superior, e doutra práctica, ao volante dun vehículo da Fundación Sotavento.
Os universitarios que participen nestes cursos traballarán para modificar algúns aspectos da súa actitude ao volante e do estilo de manexo, o que lles permitirá dun xeito sinxelo reducir o gasto de combustible e a emisión de gases contaminantes ao ambiente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2010.