Ir o contido principal

A USC implícase na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible

A USC implícase na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible
A USC implícase na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en setembro de 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, que responsabiliza do seu cumprimento a todos os países do mundo, dende o local ao global. A axenda presenta 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) divididos en 5 grandes grupos (as coñecidas como 5P): Persoas, Planeta, Prosperidade, Paz e Alianzas (Partnerships).

En España é o Alto Comisionado para a Axenda 2030 o que asume o Plan de Acción para a Implementación da Axenda 2030 cara unha Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, e en Galicia tamén foi publicado un informe de achegas. Á súa vez, a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) traballa no fomento da Axenda e dos ODS por parte das universidades.

En liña con estas accións, e comprometida coa súa dimensión cívico social, a Universidade de Santiago de Compostela ten programadas tres xornadas de formación e traballo con todo o seu equipo de goberno (reitor, vicerreitores/as e xerente) e con responsables de servizos chave na implementación da Axenda. As sesións serán un punto de partida cara a toma de decisións e o deseño de accións.

As reunións darán comezo este venres 16 cunha xornada guiada pola coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Silvana Longueira Matos, sobre os retos e as oportunidades que enfronta a universidade compostelá no logro dos ODS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2018.