Ir o contido principal

A USC imponlle a Insignia de Ouro a José Antonio Villasante

O reitor Juan Viaño imporalle a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago ao vicepresidente de Universia, José Antonio Villasante, nun acto que terá lugar este venres 2 ás 13.00 horas no Salón de Graos de San Xerome. Na cerimonia intervirá ademais o ex reitor da USC, Senén Barro.

Con esta distinción a Universidade compostelá quere recoñecer o esforzo de José Antonio Villasante, ex director xeral do Banco Santander, na creación da División Santander Universidades, da que xurdiron proxectos como Universia e RedEmprendia, de gran traxectoria na USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2018.