Ir o contido principal

A USC inviste este venres doutor ‘honoris causa’ ao investigador en Ciencias Forestais Klaus von Gadow na EPS de Enxeñaría

A USC inviste este venres doutor ‘honoris causa’ ao investigador en Ciencias Forestais Klaus von Gadow na EPS de Enxeñaría
A USC inviste este venres doutor ‘honoris causa’ ao investigador en Ciencias Forestais Klaus von Gadow na EPS de Enxeñaría
O reitor Antonio López presidirá o acto protocolario de investidura, a partir das 12.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués
Lugo

O reitor da USC, Antonio López presidirá este venres 28 de xuño, a partir das 12.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, o acto protocolario de investidura como doutor honoris causa ao profesor emérito da Universidade de Götteborg e investigador en Ciencias Forestais, Klaus von Gadow.

A sesión académica de investidura do profesor Klaus von Gadow como doutor honoris causa da USC cobra especial singularidade ao tratarse do primeiro nomeamento a proposta da desde o campus de Lugo. De feito, o catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal na EPS de Enxeñaría de Lugo e impulsor da candidatura de Klaus von Gadow, Juan Gabriel Álvarez, intervirá na sesión como padriño do ‘honoris causa’.

A cerimonia de investidura de klaus von Gadow como ‘honoris causa’ da USC constitúe tamén un o primeiro acto destas características que se desenvolve na sede universitaria luguesa. Daquela, o acto contará coa presenza dunha ampla representación de autoridades académicas da USC, así como dunha vicerreitora da Universidade da Coruña, ademais dunha nutrida comitiva de académicos, científicos e responsables políticos, entre os que figura a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2020.