Ir o contido principal

A USC organiza un curso práctico sobre o dereito sucesorio galego

O Grupo de Investigación Marco xurídico do contexto socio-económico actual organiza este mes o curso de formación continua ‘Perspectiva práctica de Dereito Sucesorio galego’ dedicado a estudantes e graduados universitarios e profesionais da avogacía, procuradoría e asesoría xurídica. Dirixido pola profesora Belén Trigo García, o curso analizará de maneira crítica os xoves e venres entre os días 30 de maio e 28 de xuño a normativa galega a partir da reflexión e a práctica profesional e co cotexo con experiencias doutras Comunidades Autónomas como Aragón ou Cataluña.

O claustro de docentes está formado por especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Pompeu Fabra e Zaragoza, ademais de notarios de diversas localidades galegas e maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2013.