A USC organiza en Ribadeo un curso de verán sobre agroecoloxía
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011
O Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Vilaframil (Ribadeo) será a sede os días 27 e 28 de xullo do curso de verán ‘Agroecoloxía e desenvolvemento rural’. Dirixido por Xan Neira Seijo e Anna Cervera Iglesias, o curso tratará cuestións como o papel da materia orgánica na vitalidade do solo, a compostaxe, a enerxía distribuída ou a importancia do uso industrial da biomasa na industria da madeira, entre outras cuestións. O seminario conta con cofinanciamento da Consellería do Medio Rural, da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica e da Sociedade Galega de Agroecoloxía.