Ir o contido principal

A USC pon en marcha a vindeira semana a campaña de vacinación da gripe

A USC pon en marcha a vindeira semana a campaña de vacinación da gripe

O Servizo de Vixilancia da Saúde da USC, en colaboración co SERGAS, inicia o vindeiro xoves, día 16, a campaña de vacinación Antigripal/ Antipneumocócica dirixida ao persoal de administración e servizos e aos docentes da universidade. En horario de 12:00 a 14:00 horas, terá lugar ata o 30 de novembro no Pavillón Estudantil do Campus Sur en Santiago e no Pavillón da Facultade de Veterinaria en Lugo.
As vacinas, que se administrarán sen previa cita e sen necesidade de vir sen almorzar, diríxense ás persoas que pertencen aos grupos de risco e deberán pospoñerse cando exista unha enfermidade respiratoria aguda ou unha manifestación febril.
Forman parte dos grupos de risco para a vacinación antigripal as persoas con enfermidades crónicas pulmonares ou cardiovasculares, con procesos crónicos doutra índole, con compromiso respiratorio con risco de aspiración ou con enfermidades metabólicas crónicas incluíndo diabetes mellitus, insuficiencia renal, hemoglobinopatías e anemias ou inmudeficiencias. De igual xeito considéranse grupo de risco ás mulleres embarazas e os nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetil salicílico xa que teñen un maio risco de desenvolver a síndrome de Reye tras unha gripe.
O persoal de calquera centro hospitalario, empregados de institucións pechadas e outras para enfermos crónicos ou asistentes domiciliarios e membros de familia que viven con persoas incluídas nos grupos de risco forman parte do conxunto potencialmente capaz de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco.
Tamén se recomenda a vacinación a persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade como policías ou bombeiros, xente que está en contacto con aves e a viaxeiros internacionais.
Vacinación antipneumocócicaNo caso na vacinación antipneumocócica no grupo de risco estarían incluídos persoas con patoloxías cardiovasculares e pulmonares crónicas, diabete, alcoholismo e enfermidades hepáticas xunto con doenzas que levan consigo perda de líquido cefalorraquídeo. Entran neste grupo a xente con asplenia anatómica ou funcional. No caso esplenectomía programada, a vacina administrarase cun mínimo de quince días antes da intervención.
Finalmente, están incluídas as persoas inmunocomprometidas con VIH positivo, leucemia, insuficiencia renal crónica ou síndrome nefrótica, receptores de transplante de médula ósea, e persoas que estean recibindo terapia inmunosupresoras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2023.