A USC presenta un novo encontro orquestral para celebrar unha homenaxe a Debussy no seu 150 aniversario
O Espazo de Cámara da Universidade de Santiago fai un chamamento á comunidade musical para que participe nun novo encontro orquestral con docentes do panorama profesional galego que terá lugar entre os días 27 e 29 de abril en Compostela e que finalizará con dous concertos, en Santiago e Lugo, para homenaxear a Claude Debussy no seu 150 aniversario. A iniciativa preséntana en rolda de prensa este xoves 19, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Cultura, Francisco Durán; e o director da Orquestra Universitaria, Mario Diz. A USC fixo en 2010 unha aposta clara pola música de cámara ao integrar á comunidade universitaria con formación musical na Orquestra Universitaria de Santiago de Compostela, cunha programación didáctica permanente.