A USC presenta este martes un Vocabulario galego de termos médicos
Con equivalentes en español, inglés e portugués
Facilitar a tarefa de falar e escribir sobre medicina en galego a quen ensina ou se forma nesta titulación ou similares é o principal cometido do ‘Vocabulario de Medicina’ que o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC presenta este martes 21 en Santiago.
Ás 12:00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina, a secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja; o decano do centro, José María Fraga; o responsable do SNL da USC, Manuel Núñez Singala; e o coordinador da obra, Xusto Rodíguez, darán conta dun volume do que agardan que a súa repercusión chegue ao ámbito profesional para contribuír así á normalización e a aumentar a presenza do galego na comunicación sanitaria.