Ir o contido principal

A USC presenta a súa libraría dixital, Espazo Ebook

A Universidade de Santiago inaugura a súa libraría dixital baixo a denominación de Espazo Ebook, unha parte fundamental do proxecto dixital do Servizo de Publicacións da USC que arrancou en 2008 coa incorporación de boa parte do seu fondo a Google Book Research. O reitor Juan Casares presentará este venres 8 as principais características de Espazo Ebook nunha rolda de prensa na que o acompañarán o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco. O encontro cos medios de comunicación desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. O Espazo Ebook da USC inaugúrase con aproximadamente cincuenta novidades dos anos 2009, 2010 e 2011 en formatos pdf e epub, descargables para monitores, e-readers e móbiles e co denominado DRM Social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2011.