A USC presenta a súa oferta deportiva
O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o responsable da Área de Deportes da Universidade de Santiago, Mariano García-Verdugo, presentarán este martes 29 aos medios de comunicación a oferta deportiva da institución. A rolda de prensa terá lugar ás 10.45 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. A USC dispón de 36.890 metros cadrados de espazos deportivos nos que realizar práctica libre de, entre outros, natación, balonmán, tenis, bádminton, fútbol, hockei ou atletismo. Ademais, ofrece numerosas escolas deportivas e a oportunidade de participar en deporte de competición, conformando así unha competitiva oferta tanto no campus de Santiago como no de Lugo.