Ir o contido principal

A USC presenta a súa quinta Memoria de Responsabilidade Social

‘Adaptándonos ao novo contorno’ é o lema da quinta Memoria de Responsabilidade Social que a USC edita para facer balance do bienio 2008-2009 e dar continuidade así a unha xeira iniciada en 2004 coa primeira memoria de responsabilidade das universidades españolas. O novo documento presentarase este mércores 21 ante os medios de comunicación nun acto no Colexio de San Xerome que comezará ás 11.30 horas presidido polo reitor Juan Casares e no que tamén intervirá a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva. Asistirá ademais a subdirectora xeral de Traballo, María Coutinho. A edición desta memoria é a testemuña do compromiso adquirido pola USC coa promoción dun desenvolvemento sostible e co exercicio da transparencia e a rendición de contas. Así o documento informa á sociedade do desempeño da institución académica respecto das diversas actuacións nos campos económico, medioambiental e social ao longo dos anos 2008 e 2009.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2011.