A USC presenta este xoves en Lugo un concurso de curtas con móbil aberto ao estudantado preuniversitario
A Universidade de Santiago de Compostela convoca un concurso de curtas con móbiles aberto tanto á participación do colectivo estudiantil universitario como de estudantes de segundo curso de bacharaleto e de ciclos formativos de grao superior.
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará hoxe, a partir das 11.30 horas, na vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo este certame, no transcurso dun acto no que tamén estarán presentes o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema, e o director do Gabinete de Comunicación da USC, Luís Celeiro.