Ir o contido principal

A USC recoñece o esforzo dos mellores estudantes de Ensino Medio de Galicia nas probas de acceso á Universidade

O acto terá lugar este venres, día 11, ás 18:00 horas no Auditorio de Galicia

A Universidade de Santiago, a través do Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, celebra este venres, día 11, o Acto de Recoñecemento aos mellores estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia nas Probas de Acceso á Universidade deste ano. Todos aqueles estudantes que obtiveran unha cualificación igual ou superior a 9, un total de 327, recibiron o convite para participar neste evento.
No acto, que terá lugar ás 18:00 horas no Auditorio de Galicia, participarán máis de 205 estudantes de cento cincuenta centros, acompañados de familiares e profesores. Entre eles, asiste o acadou a mellor media de bacharelato e probas de acceso en Galicia, Alejandro Rivero de Aguilar, do IES Rosalía de Castro de Santiago, que intervirá así mesmo na cerimonia.
Presidirá a entrega de diplomas o reitor da USC, Senén Barro Ameneiro, acompañado do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. Asisten tamén o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; o coordinador do Programa A Ponte, Luís Hervella Torrón; o delegado da USC na CIUG, Manuel Bermejo Patiño; o presidente do xurado do Concurso de Relato Curto ‘Cómo te imaxinas na USC?’, Juan Casas Rigall; e o director do IES Rosais II de Vigo, Luis López Grille.
Durante a celebración entregaranse tamén os premios aos gañadores da cuarta edición do concurso de Relato Curto ‘Como te imaxinas na USC?’.
Recoñecemento na USCFoi no curso 2003-04 cando a USC comezou coa celebración deste acto que se repite ano tras ano cunha participación e valoración moi alta por parte dos centros de ensino medio, das familias e dos alumnos que se senten recompensados polo seu esforzo académico.
En total, e nas catro edicións anteriores deste evento participaron nel os mellores 675 expedientes de Galicia e representantes de 485 centros de ensino medio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.07.2008.