Ir o contido principal

A USC e a SD Compostela afianzan a súa colaboración

O acordo asinárono o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da SDC, Antonio Quinteiro Canedo.
O acordo asinárono o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da SDC, Antonio Quinteiro Canedo.
A USC becará a cinco deportistas da SDC, que impartirá un campus de fútbol no campus

A USC e a Sociedade Deportiva Compostela asinaron este mércores un acordo de colaboración polo que, entre outros asuntos, a institución educativa convocará cinco bolsas para que deportistas da sociedade poidan cursar estudos de grao en Santiago.

Ademais, en virtude do convenio a SDC colaborará na realización dun campus de fútbol para nenos e nenas de entre 9 e 16 anos a celebrar en xuño de 2018 nas instalacións da USC e que terá continuidade o vindeiro ano. Os campus, dunha duración dunha semana, impartiranos técnicos do club deportivo.

Na sinatura do acordo, dunha vixencia de dous anos prorrogable, participaron o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da SDC, Antonio Quinteiro Canedo, que estiveron acompañados pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, e polo responsable de Relacións Externas da sociedade, Ramón Castro.

De esquerda a dereita, Dolores Álvarez, Antonio Quinteiro, Juan Viaño e Ramón Castro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2018.